25/10/2016

XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas - Fase de Repesca

A FdP acaba de enviarnos o resultado do sorteo da Fase de Repesca do XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas. Esta fase terá lugar o próximo día 1 de Novembro. A nosa peña quedou encadrada no grupo A, que disputará os seus encontros no Campo de Candeán, xunto cas peñas:

  • Peña Celtista Siareiros.NET
  • Peña Celtista Os Zoqueiros
  • Peña Celtista Arribada Celeste

Os horarios dos partidos, son os seguintes:

Grupo A Candeán
9:30 P.C. SIAREIROS.NET P.C. TERRA CELESTE
10:15 P.C. OS ZOQUEIROS P.C. ARRIBADA CELESTE
11:00 P.C. SIAREIROS.NET P.C. OS ZOQUEIROS
11:45 P.C. TERRA CELESTE P.C. ARRIBADA CELESTE
12:30 P.C. SIAREIROS.NET P.C. ARRIBADA CELESTE
13:15 P.C. TERRA CELESTE P.C. OS ZOQUEIROS

No seguinte enlace tedes toda a información desta fase do torneo: XX Torneo - Fase Repesca

24/10/2016

Viaxe a Eibar coa FdP

A Federación de Peñas organiza unha viaxe a Eibar para velo partido da 12ª Xornada de Liga que enfrontará o noso Celta co Eibar, o vindeiro Sábado 19 de Novembro ás 18:30 no Estadio de Ipurúa.

A saída está prevista para o Sábado día 19 ás 00:00 dende o Estadio de Balaídos e o regreso o Domingo día 20.

O precio de 80€ para os peñistas inclúe autobús, 1 noite no Hotel Unzaga Plaza con almorzo e seguro de viaxe.

O número de plazas é moi reducido debido a pouca capacidade do Estadio de Ipurúa, polo que é aconsellable reservar coa maior brevidade posible.

A continuación tedes a información relativa a esta viaxe.

13/10/2016

XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas - Resultados Fase Clasificación

De pé de esq. a der.: Jacobo (entrenador), Veri, Solla, Mera, Carrascal, Zeke, Sebas, Veri, Javier Penas.
Abaixo de esq. a der.: Araujo, Berna, Pableras, Durán, Suso V., Borja, Claudio y Sergi

Non puido ser. A pesares de dar a cara en todo momento, o equipo de Terra Celeste veuse abocado á Fase de Respesca que terá lugar o día 1 de Novembro.

Unha abultada derrota no primeiro partido do grupo deixou sen opcións o equipo Terriño, que aínda así saltou coas ganas intactas no último partido do grupo.

O primero partido, contra a Peña Celtista Celtas do Verdugo, comezou moi igualado. Mesmo puido adiantarse no marcador o noso equipo cun par de boas oportunidades que os dianteiros non puideron remachar á rede. Na outra portería, Solla conseguía desvaratar as oportunidades que tiñan os xogadores verdes. Pero foi nos últimos 10 minutos da primeira parte cando se decantou o partido. Tres goles do equipo de Pontecaldelas, fixeron que se chegase o descanso cun claro 3-0, que sentenciaba o choque. Na segunda metade, o equipo verde xogou máis a mantela pelota no seu poder para evitalo desgaste físico de cara o último partido que lles enfrontaría a Peña Celtista de Salceda. Polo seu lado, o equipo da nosa peña tentaba recortálo resultado nalgunha contra, pero foi imposible batir o porteiro rival.

No derradeiro partido, un gol de Durán tras un gran pase de Mera, fixo que subise ó marcador o primeiro tanto do equipo, que se adiantou moi cedo no marcador e conseguiu mantela vantaxe ata o principio da segunda parte. Unha segunda parte na que se cerrou atrás tentando aumentála sua vantaxe nalgunha contra. Pero o que chegou foi o gol da igualada. Unha igualada que se mantivo a pesares da dobre oportunidade, unha en cada portería, que tiveron os equipos na derradeira xogada do encontro. Un empate que pouco servía a ambolos dous equipos.

Así que agora quedamos á espera do sorteo para sabelos enfrontamentos da Fase de Repesca que terá lugar o día 1 de Novembro.

No seguinte enlace, tedes os resultados completos desde Fase de Clasificación.

10/10/2016

XX Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas - Aviso de última hora

O equipo de Peña Celtista do Ribeiro "B" causa baixa no torneo o non poder contar cun número suficiente de xogadores. Por mor deste cambio, o noso grupo pasa a estar formado soamente por 3 equipos:

  • Peña Celtista Terra Celeste
  • Peña Celtista Celtas do Verdugo
  • Peña Celtista de Salceda

Este cambio na composición do grupo, fai que soamente o campión se clasifique directamente para xogar a Fase Final do torneo, quedando os outros dous pendentes de xogar a Fase de Repesca.

Os partidos terán unha duración de 60 minutos, divididos en dous tempos de 30 minutos cada un, cun descanso de 5 minutos.

Os novos horarios son:

Grupo E Sárdoma
10:00 P.C. CELTAS DO VERDUGO P.C. TERRA CELESTE
11:15 P.C. DE SALCEDA P.C. TERRA CELESTEE
12:30 P.C. CELTAS DO VERDUGO P.C. DE SALCEDA

OS XOGADORES DO EQUIPO DE TERRA CELESTE ESTADES CONVOCADOS ÁS 09:15. PRÉGASE PUNTUALIDADE

04/10/2016

O Noso Derbi

O próximo día 23 de Outubro disputarase ás 12:00 "O Noso Derbi" no Estadio de Balaídos. Con tal motivo, celebraremos unha comida post-partido, como ven sendo habitual cando o Celta xoga na casa e os horarios o permiten.

Ó ser día de derbi, espérase gran afluencia de xente nos locais da zona, polo que se pon como fecha límite para anotarse o Venres 14 de Outubro

Menú:

  • Cocido
  • Postre Variado
  • Bebidas (viño, cervexa e refrescos)
  • Cafés e chupitos

Precio por persoa: 15€

Lugar: Tapería Tu Boca Te La Lía - Rúa Manuel de Castro, Nº12

Data e Hora: Domingo 23 de Outubro, ás 14:30.