13/02/2017

Viaxe en Semana Santa a Granada coa FdP

A FdP organiza unha viaxe para animalo noso Celta en Granada, no partido que se vai disputar coincidindo coa Semana Santa (pendiente de horario).

A saída será o Xoves 13 as 00:05 dende o estadio de Balaídos e o regreso o Domingo 16.

A viaxe ten un custe de 270€ para os peñistas e inclúe o autobús, 3 noites de hotel (media pensión: almorzo e cea), seguro de viaxe, entrada a Alhambra e visitas guiadas. O precio non inclúe a entrada.

Viaxe a Xixón coa FdP

A FdP organiza unha viaxe para animalo noso Celta en Xixón, no partido que se vai disputar o próximo domingo 26 de Febreiro ás 18:30.

A saída será o Sábado 25 as 07:00 dende o estadio de Balaídos e o regreso o remate do encontro.

A viaxe ten un custe de 70€ para os peñistas e inclúe o autobús, 1 noite de hotel e seguro de viaxe. As entradas teñen un precio de 30€. Se és socio de Terra Celeste e queres que xestionemos a entrada, ponte en contacto coa Xunta Directiva a través do whatsapp ou no correo terraceleste1@gmail.com.

Tedes toda a información na web da FdP.

Viaxe a Ucraina - Volta dezaseisavos UEL

Viaxes "El Corte Inglés" organiza unha viaxe para animalo R.C.Celta na volta dos dezaseisavos da UEL.

A viaxe ten un precio por persoa de 380€, e inclúe: voo charter dende Vigo (acompañando ó equipo), entrada o encontro, traslados, 1 noite de hotel, visita á cidade, cea-picnic e seguro de viaxe.

Os interesados tendes ata o 15/02/2017 para inscribiros. Tendes toda a información a continuación:

04/02/2017

Suspendido o encontro Celta vs R.Madrid

A LFP ven de facer oficial a suspensión ata nova fecha do encontro que ia enfrotar ó R.C.Celta co R.Madrid mañá domingo ás 20:45.

Tras unha tarde de tolos, con declaracións de todo tipo dende Madrid e Vitoria, onde o Celta xogará o vindeiro mércores a volta da semifinal de copa, parece que imperou a cordura e a LPF fixo oficial o anuncio da suspensión as 21:12.

O Alavés tentou pescar en rio revolto e pediu o aprazamento do partido do mércores, sen darse conta que o Celta ten un plantel suficientemente amplio como para presentar dous equipos distintos e chegar descansado a cita historica da copa.

Agora toca esperar nova fecha para o partido desta xornada de Liga.

03/02/2017

Viaxe a Vitoria - Semifinais Copa do Rei

O R.C. Celta porá buses gratuitos para os aboados que merquen a entrada para o partido de volta das semifinais de Copa que nos enfrontará o próximo mércores 8 o Alavés no estadio de Mendizorroza.

As 670 entradas estarán disponibles para os aboados a un precio único de 30€ a partires do sábado nas taquillas de Balaídos. As entradas son nominais, polo que para retiralas, será necesario presentar o carnet de aboado e o DNI.

Os buses sairán de Balaídos o mércores 8 de febreiro ás 8:00, regresando ó término do encontro.

As taquillas permenecerán abertas este sábado de 10:00 a 20:00 ininterrumpidamente, e o domingo dende as 10:00 ata o inicio do partido co Real Madrid.

No seguinte enlace, tedes toda a información: Viaxe a Vitoria