Nova tempada

Estamos a piques de comezar unha nova tempada, que chega cargada de ilusións para todos os celtistas, xa que despois das penurias vividas o ano pasado, a directiva do clube optou por unha Operación Retorno na que se viron incluidas algunhas das grandes estrelas que emigraran no pasado por diversos motivos. O clube está agora plagado de canteiráns que sen dúbida darán un extra de esforzo á hora de defender a nosa camiseta.

Pero se a tempada se mostra especial para todo o celtismo, se cadra aínda o é máis para os centos de celtistas que formamos esta gran familia, xa que este ano cumprimos 20 anos de existencia. A piques están de cumplirse os 20 anos dende que a tolería duns cantos «emigrantes» acabou na formación deste gran colectivo. E para celebralo, tentaremos que o ano esté cargado de novidades e sorpresas. Estade atentos nos vindeiros días as nosas canles de comunicación habituáis, xa que pouco a pouco iremos descubrindo o pastel.