O equipo de Peña Celtista do Ribeiro «B» causa baixa no torneo o non poder contar cun número suficiente de xogadores. Por mor deste cambio, o noso grupo pasa a estar formado soamente por 3 equipos:
- Peña Celtista Terra Celeste
- Peña Celtista Celtas do Verdugo
- Peña Celtista de Salceda
Este cambio na composición do grupo, fai que soamente o campión se clasifique directamente para xogar a Fase Final do torneo, quedando os outros dous pendentes de xogar a Fase de Repesca.
Os partidos terán unha duración de 60 minutos, divididos en dous tempos de 30 minutos cada un, cun descanso de 5 minutos.
Os novos horarios son:
10:00 | P.C.CELTAS DO VERDUGO | P.C.TERRA CELESTE |
11:15 | P.C.DE SALCEDA | P.C.TERRA CELESTE |
12:30 | P.C.CELTAS DO VERDUGO | P.C.DE SALCEDA |
OS XOGADORES DO EQUIPO DE TERRA CELESTE ESTADES CONVOCADOS ÁS 09:15. PRÉGASE PUNTUALIDADE