Campaña solidaria

Estamos a vivir tempos difíciles marcados por unha pandemia mundial. Esta situación fai que moita xente esté pasando por dificultades económicas. Por iso, dende esta peña, xurdiu a idea de tentar aportar un pequeniño gran de area. Dende a directiva propuxemos a campaña «Mascarillas Solidarias», a cal tivo unha enorme acollida entre os nosos socios. A idea consistiu en vender unhas mascarillas financiadas pola peña, e doar todolos cartos recadados a algunha ONG que tivese como obxectivo a axuda ós necesitados. E por fin chegou o momento de anunciar que esa pequena axuda xa está nas mans da «Asociación Freijeiro Ayuda al Necesitado (AFAN Vigo)».

Deixámosvos o enlace á súa web por si algún está interesado por coñecer a Asociación e as suas actividades: Asociación Freijeiro de Ayuda al necesitado

Visita guiada ó Mosteiro de Oia

Dentro das actividades programadas con motivo do XX Aniversario da Peña, estamos a organizar unha visita guiada ó Mosteiro de Oia para o vindeiro Domingo, 8 de Setembro. A actividade terá lugar ás 11:30 e durará aproximadamente 1h30′.

A visita percorrerá a Praza de Armas, o Claustro das Procesións, o Patio das Laranxeiras, a Horta Monacal e o Xardín Ilustrado.

Mergullarémonos na historia do lugar, máis aló dos últimos 4000 anos, dende antes de ser mosteiro, pasando polo seu uso polos monxes, como vivenda privada ou coma cárcere nos anos da Guerra Civil.

Para os máis pequenos, organizarase unha «Búsqueda do Tesouro», de modo que poidan aprender e disfrutar do lugar mentres se entreteñen.

O prezo da visita é de 2.50€. Os nenos menores de 7 anos entrarán de balde.

Compre reservar antes do 17 de Agosto.