Sorteo no aniversario

¡¡¡Este ano o aniversario da Peña ven cargado dunha chea de agasallos!!!

Moitos socios empresarios fixeron un esforzo para aportar premios de maneira desinteresada e que o habitual sorteo que facemos teña máis afortunados.

Ademáis, a Peña sorteará 1 vale de 100€ para compras na tenda oficial do R.C. Celta e un fin de semana para 2 persoas a escoller entre unha larga lista de hoteles de todo o país.

E finalmente, xa sin sorteos:

  • CARROFESTA, PARQUES DE OCIO: Obsequiará a tódolos asistentes cunha INVITACIÓN MULTIAVENTURA. Tamén obsequiounos co suministro de helio para a decoración dos globos.

Polígono Barreiros, Zona Comercial, Calle A, Nave 17, San Cibrao das Viñas – Ourense. Tel. 988 614 004

  • RESTAURANTE PRAIA AMÉRICA: Obsequia ós socios e acompañantes cun 10% de desconto nas súas ceas, presentando o carnet da peña.

Así que xa sabedes, este martes, mercade ás vosas rifas e non quededes sen o voso premio!!!

XVIII – Aniversario

O vindeiro Martes 1 de Maio, celebraremos a tradicional comida de aniversario da peña. Este ano, é un tanto especial, pois o pasado 11 de Decembro fixémonos «maiores de idade». Xa pasaron 18 anos dende aquel día no que un pequeno grupo de tolos polo Celta esqueceron pon un momento que vivían na cidade do eterno rival e se reuniron nunha de tantas cafeterías da Ronda de Outeiro para comezar un proxecto que ben seguro, ningún pensaba que chegaría tan lonxe. O igual que o noso querido Clube, a Peña pasou por distintos momentos nestes 18 anos de andadura, se ben hoxe en día somos un grupo do máis numeroso, plural e diverso, en definitiva, unha enorme familia celtista.

Este ano, o acto terá lugar a partires das 14:00 no Hotel Coia de Vigo.

Menú Adulto:

  • Aperitivo Variado
    • Empanada de Zamburiñas
    • Xamón con queixo manchego
    • Canapés artesáns
    • Calamares á romana
    • Polvo á feira
  • Prato Principal (a escoller 1)
    • Cordero Lechal o forno con guarnición de legumes e champiñóns.
    • Rodaballo á prancha con patacas ó vapor
  • Postre
    • Tarta de fresas con nata
  • Bebidas, café e licores.

Menú Infantil

  • Aperitivo Variado
    • Taquitos de tortilla
    • Croquetas da avóa
    • Surtido de xamón e embutidos
  • Prato Principal
    • Peituga de polo a prancha con patacas.
  • Postre
    • Xelado de vainilla e chocolate
  • Bebidas

Lembrade que tedes ata o Xoves 19 de Abril para facelas reservas, mandando un whastapp privado á presidenta da peña. Os adultos tedes que especificar a elección do prato principal.

Non esperes ó ultimo día para facela túa reserva. Desexamos que todos acudades á cita. É un día moi especial para esta familia e queremos compartilo contigo.

XVII Aniversario

Onte celebramos o noso 17º Aniversario cunha comida no Hotel Coia de Vigo. Á mesma, acudiu como invitado estrella o míster do equipo, o «Toto» Berizzo, a quen queremos agradecer enormemente a súa asistencia.

Faro de Vigo fíxose eco do evento publicando o seguinte artigo.

Tamén a web de deportes eldesmarque.com fai referencia o evento.

No seguinte enlace iremos poñendo todas as fotos e vídeos de recordo deste día.