XVIII – Aniversario

O vindeiro Martes 1 de Maio, celebraremos a tradicional comida de aniversario da peña. Este ano, é un tanto especial, pois o pasado 11 de Decembro fixémonos “maiores de idade”. Xa pasaron 18 anos dende aquel día no que un pequeno grupo de tolos polo Celta esqueceron pon un momento que vivían na cidade do eterno rival e se reuniron nunha de tantas cafeterías da Ronda de Outeiro para comezar un proxecto que ben seguro, ningún pensaba que chegaría tan lonxe. O igual que o noso querido Clube, a Peña pasou por distintos momentos nestes 18 anos de andadura, se ben hoxe en día somos un grupo do máis numeroso, plural e diverso, en definitiva, unha enorme familia celtista.

Este ano, o acto terá lugar a partires das 14:00 no Hotel Coia de Vigo.

Menú Adulto:

  • Aperitivo Variado
    • Empanada de Zamburiñas
    • Xamón con queixo manchego
    • Canapés artesáns
    • Calamares á romana
    • Polvo á feira
  • Prato Principal (a escoller 1)
    • Cordero Lechal o forno con guarnición de legumes e champiñóns.
    • Rodaballo á prancha con patacas ó vapor
  • Postre
    • Tarta de fresas con nata
  • Bebidas, café e licores.

Menú Infantil

  • Aperitivo Variado
    • Taquitos de tortilla
    • Croquetas da avóa
    • Surtido de xamón e embutidos
  • Prato Principal
    • Peituga de polo a prancha con patacas.
  • Postre
    • Xelado de vainilla e chocolate
  • Bebidas

Lembrade que tedes ata o Xoves 19 de Abril para facelas reservas, mandando un whastapp privado á presidenta da peña. Os adultos tedes que especificar a elección do prato principal.

Non esperes ó ultimo día para facela túa reserva. Desexamos que todos acudades á cita. É un día moi especial para esta familia e queremos compartilo contigo.

XVII Aniversario

Onte celebramos o noso 17º Aniversario cunha comida no Hotel Coia de Vigo. Á mesma, acudiu como invitado estrella o míster do equipo, o “Toto” Berizzo, a quen queremos agradecer enormemente a súa asistencia.

Faro de Vigo fíxose eco do evento publicando o seguinte artigo.

Tamén a web de deportes eldesmarque.com fai referencia o evento.

No seguinte enlace iremos poñendo todas as fotos e vídeos de recordo deste día.

XVII Aniversario

O próximo Luns 1 de Maio, celebraremos a tradicional comida de aniversario da peña. Este ano, o acto terá lugar a partires das 14:00 no Hotel Coia de Vigo.

Menú Adulto:

  • Aperitivo Variado
    • Empanada de Zamburiñas
    • Xamón con queixo manchego
    • Canapés artesáns
    • Calamares á romana
    • Polvo á feira
  • Prato Principal (a escoller 1)
    • Cordero Lechal o forno con guarnición de legumes e champiñóns.
    • Rodaballo á prancha con patacas ó vapor
  • Postre
    • Tarta de fresas con nata
  • Bebidas, café e licores.

Menú Infantil

  • Aperitivo Variado
    • Taquitos de tortilla
    • Croquetas da avóa
    • Surtido de xamón e embutidos
  • Prato Principal
    • Peituga de polo a prancha con patacas.
  • Postre
    • Xelado de vainilla e chocolate
  • Bebidas

Lembrade que tedes ata o Sábado 15 de Abril para facelas reservas, mandando un whastapp privado á presidenta da peña. Os adultos tedes que especificar a elección do prato principal.

Esperamos contar con todos vos nun día tan señalado, xa que é a mellor oportunidade para pasar un días todos xuntos.

NON FALTEDES A CITA!!!

Xuntanza previa: Celta vs Villarreal

O próximo día 12 de Marzo disputarase ás 18:30 o partido R.C.Celta vs Villarreal C.F. no Estadio de Balaídos. Con tal motivo, celebraremos unha comida pre-partido, como ven sendo habitual cando o Celta xoga na casa e os horarios o permiten. 

É un bo día para disfrutar todos xuntos e compartir mesa antes dun partido tan importante. Podedes facer as reservas por whatsapp ata o Domingo 5 de Marzo ás 22:00h.

Menú:

  • Cocido
  • Postre variado
  • Bebidas (viño, cervexa e refrescos)
  • Cafés e chupitos

Precio por persoa: 15€

Lugar: Tapería Tu Boca Te La Lía

Rúa Manuel de Castro, nº12.

Data e Hora: Domingo 12 de Marzo, ás 14:30.

 

O Noso Derbi

derbi_opt

O próximo día 23 de Outubro disputarase ás 12:00 “O Noso Derbi” no Estadio de Balaídos. Con tal motivo, celebraremos unha comida post-partido, como ven sendo habitual cando o Celta xoga na casa e os horarios o permiten. 

Ó ser día de derbi, espérase gran afluencia de xente nos locais da zona, polo que se pon como fecha límite para anotarse o Venres 14 de Outubro:

Menú:

  • Cocido
  • Postre variado
  • Bebidas (viño, cervexa e refrescos)
  • Cafés e chupitos

Precio por persoa: 15€

Lugar: Tapería Tu Boca Te La Lía

Rúa Manuel de Castro, nº12.

Data e Hora: Domingo 23 de Outubro, ás 14:30.