XXII – Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas – Fase de Clasificación

Por terceiro ano estamos a participar no xa tradicional Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas, na súa 22ª Edición.

A novidade deste ano é que o torneo se celebra na modalidade de Fútbol 7, para darlle a oportunidade a peñas máis pequenas de poder participar.

 

De pie de izq. a der.: Bruno, Rafa Cordovilla, Mera, Carrascal, Zeke, Juan Vidal, Javier Penas.
Abajo de izq. a der.: Miguel Solla, Juan Carlos, Miguel Ángel, Fran Davila, Borja y Durán.

A Fase de Clasificación tivo lugar o pasado venres 12 de Outubro. O noso equipo, encadrado no Grupo C, tivo una espléndida actuación, conseguindo a clasificación para a fase final que terá lugar o vindeiro 1 de Maio como primeira de grupo, con dúas victorias e un empate, marcando 8 goles e encaixando somentes 2.

Grupo C A Madroa 1
9:30 4 P.C.TERRA CELESTE P.C. HORDAS CELESTES 0
10:15 0 P.C.COMANDO CELTA P.C.RAMALLOSA-CANIDO B 4
11:00 1 P.C.TERRA CELESTE P.C.COMANDO CELTA 1
11:45  0 P.C. HORDAS CELESTES P.C. RAMALLOSA-CANIDO B 5
12:30  3 P.C. TERRA CELESTE P.C. RAMALLOSA-CANIDO B 1
13:15  1 P.C. HORDAS CELESTES P.C. COMANDO CELTA 5
Clasificación J G E P GF GC Ptos
1 P.C. TERRA CELESTE 3 2 1 0 8 2 7+6
2 P.C. RAMALLOSA-CANIDO B 3 2 0 1 10 3 6+7
3 P.C. COMANDO CELTA 3 1 1 1 6 6 4
4 P.C. HORDAS CELESTES 3 0 0 3 1 14 0-13

 

Enhoraboa ós nosos rapaces. No seguinte enlace, tedes toda a información do torneo.

Sorteo no aniversario

¡¡¡Este ano o aniversario da Peña ven cargado dunha chea de agasallos!!!

Moitos socios empresarios fixeron un esforzo para aportar premios de maneira desinteresada e que o habitual sorteo que facemos teña máis afortunados.

Ademáis, a Peña sorteará 1 vale de 100€ para compras na tenda oficial do R.C. Celta e un fin de semana para 2 persoas a escoller entre unha larga lista de hoteles de todo o país.

E finalmente, xa sin sorteos:

  • CARROFESTA, PARQUES DE OCIO: Obsequiará a tódolos asistentes cunha INVITACIÓN MULTIAVENTURA. Tamén obsequiounos co suministro de helio para a decoración dos globos.

Polígono Barreiros, Zona Comercial, Calle A, Nave 17, San Cibrao das Viñas – Ourense. Tel. 988 614 004

  • RESTAURANTE PRAIA AMÉRICA: Obsequia ós socios e acompañantes cun 10% de desconto nas súas ceas, presentando o carnet da peña.

Así que xa sabedes, este martes, mercade ás vosas rifas e non quededes sen o voso premio!!!

XXI Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas – Fase de Clasificación

Por segundo ano consecutivo, imos participar no xa tradicional Torneo de Fútbol de Peñas Celtistas, na súa 21ª Edición. 

A Fase de Clasificación terá lugar o vindeiro xoves 12 de outubro pola mañá. O noso equipo, quedou encadrado no Grupo E, xunto cos equipos:

  • Peña Celtista Os Zoqueiros
  • Peña Celtista de Arbo
  • Peña Celtista Preferencia Celeste

Os partidos terán unha duración de 40 minutos, dividos en dous tempos de 20 minutos cun descanso de 5 minutos. Clasifícanse para xogar a fase final o primeiro e segundo clasificado de cada grupo máis os dous mellores terceiros, o que farán un total de 12 equipos. Nestes partidos, vense preseleccionar xogadores para disputar o amigable do XXV Aniversario da Federación de Peñas Celtistas, que se celebrará no mes de agosto de 2018.

Os encontros disputaránse no campo de Sárdoma:

Os horarios dos partidos, son os seguintes:

09:30 P.C. OS ZOQUEIROS P.C. DE ARBO
10:15 P.C. TERRA CELESTE P.C. PREFERENCIA CELESTE
11:00 P.C. DE ARBO P.C. TERRA CELESTE
11:45 P.C. OS ZOQUEIROS P.C. PREFERENCIA CELESTE
12:30 P.C. DE ARBO P.C. PREFERENCIA CELESTE
13:15 P.C. OS ZOQUEIROS P.C. TERRA CELESTE

No seguinte enlace tedes toda a información do torneo: XXI Torneo – Fase Clasificación

OS XOGADORES DO EQUIPO DE TERRA CELESTE ESTADES CONVOCADOS ÁS 09:30. PRÉGASE PUNTUALIDADE