20 anos non é nada…

Pasaron xa 20 anos, como no famoso tango de Carlos Gardel, dende aquel lonxano xa 11 de Decembro de 1999, no que un reducido grupo de celtistas plasmaban a súa firma nos papeis que oficializaban á primeira Peña Celtista da cidade da Coruña. A primeira peña en territorio do eterno rival deportivo. A primeira pedra dun soño que hoxe, 20 anos despóis, sigue vivo e renovado. Moitas vivenzas, moitas anécdotas, moitos sentimentos nestes 20 anos. Brindemos por outros 20 anos máis!!!

XVII Aniversario

Onte celebramos o noso 17º Aniversario cunha comida no Hotel Coia de Vigo. Á mesma, acudiu como invitado estrella o míster do equipo, o «Toto» Berizzo, a quen queremos agradecer enormemente a súa asistencia.

Faro de Vigo fíxose eco do evento publicando o seguinte artigo.

Tamén a web de deportes eldesmarque.com fai referencia o evento.

No seguinte enlace iremos poñendo todas as fotos e vídeos de recordo deste día.